| O CONSELLO REGULADOR DA AGRICULTURA ECOLOXICA DE GALICIA |
|
A producción agraria ecolóxica ou biolóxica constitúe un método diferenciado de producción de alimentos, que é conveniente regular asegurando a transparencia en tódalas fases, tanto da mesma producción como da elaboración e comercialización.
O Regulamento CEE 2092/1991, do Consello, do 24 de xuño, sobre a producción agrícola ecolóxica e a súa indicación nos productos agrarios e alimentarios, establece unha serie de normas para a presentación, o etiquetado, a prosucción, a elaboración, o control e a importación de países terceiros, dos productos procedentes da agricultura e gandería eoclóxica ou biolóxica, que foi complementado e modificado polos regulamentos (CEE) 2083/1992, do 14 de xullo; 2608/1993, do 23 de setembro; 2381/1994, do 30 de setembro; 1935/1995, do 22 de xuño, e demais normativa afín.
(Orde do 7 de maio de 1997 da Consellería de Agricultura G. e M. pola que se regula a producción agrícola ecolóxica e a súa indicación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se crea o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia).