Orde do 7 de novembro de 2000 sobre axudas ós agricultores e gandeiros para os gastos relacionados coa adecuación das explotacións ós métodos de producción ecolóxica.

  O Regulamento (CEE) 2092/1991, do Consello, do 24 de xuño, sobre a producción agrícola ecolóxica e a súa indicación nos productos agrarios e agroa-limentarios (DOCE L198, do 22 de xullo), estableceu unhas bases comúns para a regulación da agricultura ecolóxica no territorio da Unión Europea.
  Con base neste regulamento, e disposicións posteriores que o modifican e complementan, comezou a súa andaina nesta comunidade autónoma a producción agraria ecolóxica, atopándose na actualidade nunha fase de desenvolvemento incipiente, aínda que as súas potencialidades son moi elevadas, dadas as características da estructura productiva agraria de Galicia.
  Un dos problemas que ocasiona o desenvolvemento desta actividade son os gastos ós que ten que facer fronte o productor, derivados da transición da producción convencional ós métodos da agricultura ecolóxica. Ademais os agricultores que se acollen a este sistema de producción necesitan pasar, en moitos casos, un período de reconversión previo sen que os seus productos poidan leva-lo indicativo de eco-lóxico. Nese período prodúcese unha necesaria desintensificación dos sistemas productivos, que non se ve recompensada cun maior valor da producción, coa conseguinte perda de renda.
  Por todo o anterior, de acordo co disposto no artigo 30.I.3º do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa de aplicación,

DISPOÑO:

Disposición adicional.
Disposicións derradeiras.