Regulamento (CE) nº 1468/94 do Consello

Considerando que a Comisión recibira un mandato particular, no marco do Regulamento ( CEE ) nº 2092/91, para revisar determinadas disposicións de dito Regulamento antes do 1 de xullo de 1994 e para presentar, no caso, as propostas pertinentes de revisión;

Considerando que as disposicións do apartado 5 do artigo 5 sobre o etiquetado dos productos agrícolas e alimenticios que conteñan un ingredinte de orixe agrícola obtido por productores que se encontren no período de conversión da agricultura convencional á agricultura ecolóxica, vencen o 1 de xullo de 1994;

Considerando que se xuzgou que a proposta no seu conxunto require un estudio máis prolongado; que, en consecuencia, resulta conveniente ampliar o período transitorio previsto no apartado 5 do artigo 5, co fin de evitar unha perturbación do sistema actural.