Regulamento (CE) nº 1804/1999 do Consello

Considerando o seguinte:

  1. O Regulamento (CEE) nº 2092/91 establece que a Comisión debe presentar, antes do 30 de xuño de 1995, propostas relativas ós principios e medidas específicas de control, que teñen que rexer a producción ecolóxica dos animais, dos productos animais non transformados e dos productos destinados á alimentación humana que conteñan ingredintes de orixe animal;

  2. A demanda de productos agrícolas obtidos mediante a agricultura ecolóxica é cada vez máis importante, e os consumidores interesanse cada vez máis por estos productos;

  3. As produccións animais permiten ampliar esta gama de productos, así como, nas explotacións agrícolas adicadas á agricultura ecolóxica, desenrolar actividades complementarias que representen unha parte considerable dos ingredientes de ditas explotacións;

  4. O presente Regulamento armoniza as normas de producción, de etiquetado e de control para as especies animais máis importantes; para as especies distintas das acuáticas, respecto ás que o presente Regulamento non dispón normas de producción, é conveniente, para protexer ó consumidor, armonizar, como mínimo, as esixencias de etiquetado e o sistema de control; convén elaborar canto antes normas de este tipo para os productos da acuicultura;

  5. Por outra parte, na agricultura ecolóxica a cría de animais constitúe parte integrante da organización da explotación agrícola, xa que permite responder ás necesidades das terras de cultivo no referente á materia orgánica e elementos nutritivos e, por elo, contribue á mellora dos solos e ó desenrolo dunha agricultura sostida;

  6. Para evitar prexuizos ó medio ambiente e, en particular, ós recursos naturais como o solo e as augas, a cría de animais debe, en principio, prever unha vinculación estreita entre dita actividade e o solo, as oportunas rotacións plurianuais e a alimentación dos animais con productos vexetais ecolóxicos obtidos na propia explotación;

  7. Para evitar a contaminación das augas producida polos compostos nitroxenados, as explotacións de agricultura exolóxica deben dispor dunha capacidade de almacenamento apropiada e de plans de esparcimento das dexeccións animais sólidas e líquidas;

  8. Para manter e aproveitar as zonas abandoadas, o pastoreo do gando levado segundo as normas de agricultura ecolóxica constitúe unha actividade particularmente adaptada;

  9. Debe fomentarse unha gran diversidade ecolóxica e a selección das razas debe ter en conta a súa capacidade para adaptarse ás condicións do entorno;

  10. Os organismos modificados xeneticamente ( OMG ) e os productos obtidos a partir destes son incompatibles cos métodos de producción ecolóxica; para que os consumidores sigan confiando na producción ecolóxica, nos productos etiquetados como procedentes de producción ecolóxica non poderán empregarse organismos modificados xeneticamente, partes destes ou productos obtidos a partir destes;

  11. Deberán ofrecerse garantías ós consumidores de que os productos foron producidos de conformidade co presente Regulamento; na medida en que sexa tecnicamente posible, ditas garantías deberían basarse na trazabilidade dos productos animais;

  12. Os animais deben alimentarse de pasto, forraxe e alimentos obtidos conforme ás regras da agricultura ecolóxica;

  13. Nas circunstancias actuais, os productores poden encontrar dificultades para aprovisionarse de alimentos para os animais producidos de acordo con métodos ecolóxicos e, por conseguinte, pode concederse provisionalmente unha autorización para empregar un número limitado de alimentos producidos de xeito non ecolóxico e en cantidades limitadas;

  14. Ademáis, para asegurar as necesidades fisiolóxicas esenciais dos animais, pode resultar necesario recurrir a determinados minerais, aligoelementos e vitaminas en condicións ben definidas;

  15. A saude dos animais debe basarse na prevención, mediante medidas como a selección apropiada das razas e estirpes, unha alimentación equilibrada e de calidade e un entorno propicio, en particular polo que se refire á densidade, ó aloxamento e ós métodos de cría;

  16. Queda prohibida a utilización de medicamentos alopáticos de síntese química na agricultura ecolóxica;

  17. Non obstante, cando os animais enfermen ou se lesionen, deben recibir un tratamento inmediato, preferentemente con medicamentos fitoterapéuticos ou homeopáticos e limitando ó máximo a utilización de productos menciñais alopáticos de síntese química; para garantir ó consumidor a integridade da producción ecolóxica, debe ser posible adoptar medidas restrictivas, como duplicar o tempo de espera tras a utilización de medicamentos alopáticos de síntese química;

  18. Na maioria das situacións os animais deberán ter acceso a zonas de exercicio ou a espacios ó aire libre cubertos de herba, na medida en que as condicións meteorolóxicas o permitan e ditos espacios deben ser, en principio, obxeto dun axeitado programa de rotación;

  19. Para todas as especies animais, o aloxamento debe responder ás necesidades dos animais en materia de ventilación, luz, espacio e comodidade e, por conseguinte, deben proporcionarselles superficies suficientemente amplas para permitir a cada animal moverse libremente e desenrolar o seu comportamento innato;

  20. Deben reducirse ó máximo as prácticas sistemáticas que provocan estrés, dano, enfermidade ou sufrimento nos animais durante as fases de producción, manipulación, transporte ou sacrificio; non obstante, pódense permitir as intervencións específicas inherentes a determinadas produccións; a utilización de certas sustancias destinadas a estimular o seu crecemento ou a modificar os seus ciclos reproductivos é incompatible cos principios da agricultura ecolóxica;

  21. As particularidades da apicultura requiren disposicións específicas, en particular para garantir recursos poliníferos e nectaríferos suficientes no referente á calidade e á cantidade;

  22. Todos os operadores que comercializan productos procedentes de animais criados conforme ás normas de producción ecolóxica deben estar sometidos obligatoriamente a controles regulares e armonizados; conven que certa información relativa ás entradas e saídas dos animais na explotación, así como os tratamentos efectuados, consten obrigatoriamente nun rexistro accesible e actualizado no domicilio da explotación;

  23. Debido ás diferencias rexionais nas condicións agrícolas e climáticas é necesario establecer determinados períodos transitorios respecto a determinadas prácticas e ás características das explotacións e instalacións gandeiras;

  24. A diversidade actual de prácticas establecidas e de cría ecolóxica de animais entre os Estados membros esixe que os Estados membros teñan a posibilidade de aplicar, a determinados animais e productos animais producidos no seu territorio, normas máis restrictivas;

  25. As indicacións no etiquetado, publicidade ou documentos comerciais que o consumidor considera que se refiren ó método de producción ecolóxica están reservadas, de acordo co disposto no Regulamento ( CEE ) nº 2092/91, ós productos producidos de conformidade co citado Regulamento;

  26. Polo xeral o consumidor considera determinadas indicacións como unha referencia ó método de producción ecolóxica;

  27. Non obstante, é necesario establecer un período transitorio con obxeto de permitir que os titulares de marcas adapten o seu producto ós requisitos da producción ecolóxica; dito período transitorio concederase unicamente ás marcas que leven as indicacións mencionadas anteriormente e foran solicitadas antes da publicación do Regulamento ( CEE ) nº 2092/91 e o consumidor será axeitadamente informado, no seu caso, de que os productos non se producen de acordo co método de producción ecolóxica.