Regulamento (CEE) nº 1935/95 do Consello

Considerando que a Comisión recibiu instruccións, no marco do Regulamento (CEE) nº 2092/91, para revisar determinadas disposicións de dito Regulamento antes do 1 de xullo de 1994 e para presentar calquera proposta adecuada con vistas á súa posible revisión;

Considerando que convén prorrogar as disposicións sobre o etiquetado dos productos agrarios e alimenticios que conteñan un ingrediente de orixe agrícola obtido por productores que se atopen no período de conversión da agricultura convencional á agricultura ecolóxica, do que o prazo de aplicación remata o 1 de xullo de 1995, para que ditos productores poidan compensar os costes adicionais da producción cun etiquetado adecuado dos seus productos;

Considerando que, durante a revisión dos artigos 5, 10 e 11, solicitada polo Consello para o 1 de xullo de 1994, observouse que é necesario introducir algunhas modificacións técnicas e de redacción como noutras disposicións para facilitar a eficacia da xestión e a aplicación do Regulamento; que, por consiguiente, deuse prioridade á elaboración desas normas modificadas e débese pospor a das normas sobre producción animal durante un período limitado;

Considerando que desa revisión despréndese a clara necesidade de mellorar as disposicións referidas ó etiquetado de alimentos preparados só parcialmente con ingredientes de orixe agrícola obtidos segundo o método de producción ecolóica, con obxecto de dar mais relevancia ós compoñentes deses productos alimenticios producidos ecoloxicamente;

Considerando que se chegou, asimismo, á conclusión de que a indicación a que se refire o Anexo V debe manterse como opción, pero restrinxindo o seu emprego para previr abusos e limitándoa ás vendas de productos alimenticios envasados ou ás vendas directas polo productor ou elaborador ó consumidor final a condición de que a natureza do producto poida identificarse sen ambigüedade;

Considerando, que ademais, chegouse á conclusión de que o material de reproducción debe proceder de vexetais cultivados ecoloxicamente, pero que se precisa establecer un réxime de excepcións que autorice ós productores para utilizar, durante un período transitorio, material de multiplicación producido convencionalmente sempre e cando non sexa posible conquerir material de reproducción apropiado producido ecoloxicamente;

Considerando que, polos mismos motivos, as plántulas enteiras obtidas de forma convencional destinadas á plantación para unha producción de vexetais deben poder utilizarse durante un período transitorio;

Considerando que se observou un certo número de productos que se usaban antes da adopción do Regulamento (CEE) nº 2092/91 con amaño ós métodos de producción ecolóxica seguidos na Comunidade non se incluiron no Anexo II de dito Regulamento; que debe autorizarse o emprego deses productos en tanto en canto estén autorizados tamén na agricultura convencional;

Considerando que se considerou apropiado especificar que o sistema de control establecido aplícase tamén ós importadores, establecidos na Unión Europea, de productos procedentes de terceiros países;