Regulamento ( CE ) nº 331 / 2000 da Comisión

  1. Considerando que o artigo 10 do Regulamento ( CEE ) nº 2092/91 establece a posibilidade de empregar un logotipo tal como se define no anexo V de dito Regulamento; que os operadores poden empregar o logotipo de xeito voluntario nas condicións fixadas neste artigo;

  2. Considerando que o logotipo comunitario pode acompañar á indicación recollida no artigo 10 e o anexo V que especifica que os productos estuveron sometidos ó réxime de control;

  3. Considerando que é importante para a percepción dos consumidores contar cun etiquetado informativo que recolla un mínimo de información homoxénea; que o logotipo só deberá empregarse de conformidade cunha serie de requisitos técnicos claramente definidos, recollidos no manual gráfico;

  4. Considerando que o logotipo permite ós operadores conseguir que os seus productos teñan unha maior credibilidade entre os consumidores e unha mellor identificación deses productos;

  5. Considerando que a utilización do logotipo supón que os productores que o levan foron sometidos ó longo de todas as fases de producción, elaboración e comercialización a un sistema de control baixo a responsabilidade dos Estados membros; que dito sistema de control garantiza o respeto da autenticidade dos productos e o cumprimento das especificacións relativas ó método de producción ecolóxica;

  6. Considerando que o logotipo ofrece ós operadores unha valiosa axuda que pode empregar para o etiquetado dos seus productos si se cumpren todas as condicións necesarias para tal utilización;

  7. Considerando que as medidas previstas no presente Regulamento se axustan o dictame do Comité mencionado no artigo 14 do Regulamento ( CEE ) nº 2092/91.