ÁMBITO DE APLICACIÓN
Artigo 1
- O presente Regulamento aplicarase ós productos que a continuación se indican, na medida en que ditos productos leven ou vaian a levar indicacións referentes ó método de producción ecolóxica:
- os productos agrícolas vexetais non transformados; ademais, os animais e productos animais non transformados, na medida en que os principios de producción e as correspondentes normas específicas de control se inclúan nos Anexos I e III;
- productos agrícolas vexetais trasformados e productos animais trasformados destinados á alimentación humana, preparados basicamente a partir de un ou máis ingredientes de orixe vexetal e/ou animal;
- alimentos para animais, pensos compostos e materias para a alimentación animal non recollidos na letra a) a partir da entrada en vigor do Regulamento o que se refire o apartado 3.
- Non obstante o disposto no apartado 1, cando no anexo I non se establezan as normas de aplicación para a producción de determinadas especies animais, aplicaránse a ditas especies e ós seus productos, a excepción da acuicultura e dos productos desta, as disposicións do artigo 5 para o etiquetado, e os artigos 8 e 9 para o control. Mentras non se establezan as normas específicas de producción, aplicaránse as normas nacionais ou, en caso de non habelas, normas privadas aceptadas ou recoñecidas polos Estados membros.
- Conforme o procedemento descrito no artigo 14, a Comisión proporá, a máis tardar o 24 de agosto de 2001, un regulamento polo que se establezan requisitos para o etiquetado e para o control, así como medidas cautelares aplicables ós productos a que se refire a letra c) do apartado 1 na medida en que ditos requisitos se refiran ó método de producción ecolóxica.
Ata a adopción do regulamento a que se refire o párrafo primeiro, aplicaránse ós productos mencionados na letra c) do apartado 1 as normas nacionais conformes co Dereito comunitario ou, en caso de non habelas, normas privadas aceptadas ou recoñecidas polos Estados membros.
Artigo 2
A efectos do presente Regulamento, considerarase cun producto leva indicacións referentes ó método de producción ecolóxica cando no etiquetado, na publicidade ou nos documentos comerciais do producto, os seus ingredientes ou as materias primas para a alimentación animal se caractericen polas indicacións que se empreguen en cada Estado membro e que suxiran ó mercante que o producto, os seus ingredientes ou as materias primas para a alimentación animal foron obtidos de acordo coas normas de producción enunciadas no artigo 6 e, en particular, cos termos seguintes, ou os seus prefixos en uso (como bio, eco, etc.) ou diminutivos, sós ou combinados, a non ser que ditos termos non se apliquen ós productos agrícolas contidos nos productos alimenticios ou nos alimentos para animais ou, a todas luces, non teñan ningunha relación co método de producción:
-en español: ecológico -en danés: Ækologisk -en alemán: ökologisch, biologisch -en grego: bilogikó -en inglés: organic -en francés: biologique -en italiano: biologico -en neerlandés: biologisch -en portugués: biológico -en finlandés: Luonnonmukainen -en sueco: ekologisk
Artigo 3
O presente Regulamento aplicaráse sen prexuízo do establecido noutras disposicións comunitarias ou nacionais, conforme o Dereito comunitario, relativas ós productos a que se refire o artigo 1, tales como as disposicións polas que se regula a producción, a elaboración, a comercialización, o etiquetado e o control, incluída a lexislación relativa os productos alimenticios e á alimentación animal.