Anexo I

PRINCIPIOS DA PRODUCCIÓN ECOLÓXICA NAS EXPLOTACIÓNS

A.VEXETAIS E PRODUCTOS VEXETAIS

  1. Os principios numerados no presente Anexo deberán terse aplicado normalmente nas parcelas durante un período de conversión de ó menos dous anos antes da semente, ou no caso dos cultivos vivaces distintos das pradeiras de ó menos tres anos antes da primeira colleita dos productos a que se refire a letra a) do apartado 1 do artigo 1. O organismo de control poderá, co consentimento da autoridade competente, decidir que dito período, en certos casos, se prorrogue ou reduza segundo a utilización anterior das parcelas.
    En concreto, un Estado membro poderá reducir o período de conversión ó mínimo indispensable no caso de que se aplicara un tratamento ás parcelas, cun producto que non figure na parte B do Anexo II, dentro dunha campaña de loita contra unha enfermidade ou praga, declarada obrigatoria pola autoridade competente do Estado membro no seu territorio ou nalgunhas partes deste respecto a un cultivo determinado.
      A reducción do período de conversión estará supeditada ó cumprimento das seguintes condicións:
     - Que as parcelas xa se convertiran á agricultura ecolóxica ou estean en curso de conversión.
     - Que a degradación do producto fitosanitario de que se trate garanta, ó final do período de conversión, un contido de residuos insignificante no solo e, no caso de que se trate dun cultivo vivaz, na planta;
     - Que o Estado membro interesado informe ós demais Estados membros da súa decisión respecto da obrigatoriedade do tratamento, así como da amplitude da reducción prevista do período de conversión;
     - Que a colleita seguinte ó tratamento non poida venderse coa denominación ecolóxica.
  2. Tanto a fertilidade como a actividade biolóxica do solo deberán ser mantidos ou incrementados nos casos apropiados mediante:
      2.1. A fertilidade e a actividade biolóxica do solo deberán ser mantidas ou incrementadas, en primeiro lugar, mediante: 2.2. Excepcionalmente e como complemento poderán engadirse outros fertilizantes orgánicos ou minerais, mencionados no anexo II, na medida en que: 2.3. Para a activación do compost poderán empregarse preparados apropiados a base de vexetais ou preparados a base de microorganismos, que non estean modificados xeneticamente no sentido do inciso nº 12 do artigo 4. Tamén poderán empregarse, para os fins a que se refire o presente párrafo e o párrafo 2.1. os chamados " preparados biodinámicos " a base de po de rocha, esterco de granxa ou vexetais.
    2.4. Poderán empregarse preparados axeitados a base de microorganismos, que non estean modificados xeneticamente no sentido do inciso nº 12 do artigo 4 e autorizados na agricultura xeral no Estado membro correspondente, para mellorar o estado xeral do solo ou a dispoñibilidade de nutrientes no solo ou nos cultivos, cando a necesidade de dito uso fora recoñecida polo organismo de control ou a autoridade de control.

  3. A loita contra os parasitos, enfermidades e malas herbas deberá facerse mediante a adopción conxunta das seguintes medidas: Só no caso de que un perigo inmediato ameace o cultivo poderase recorrer ós productos a que se refire o Anexo II.

  4. A colleita de vexetais comestibles e das súas partes que medren espontaneamente en zonas naturais, forestais e agrícolas considerarase como un método ecolóxico de producción sempre que:

  5. Para a producción de cogomelos, poderanse empregar substratos a condición de que esteñan compostos unicamente das materias siguientes:
     5.1. Esterco de granxa e excrementos de animais (incluídos os productos contemplados nos guións primeiro a cuarto da parte A do anexo II do Regulamento (CEE) nº 2092/91).  5.2. Productos de orixe agrario, distintos dos contemplados no punto 5.1. (por exemplo, palla), procedentes de explotacións da que a producción se axuste ó método ecolóxico.
     5.3. Turba que non fora tratada quimicamente.
     5.4. Madeira que non fora tratada con productos químicos tra-la tala.
     5.5. os productos minerais recollidos na parte A do anexo II do Regulamento (CEE) nº 2092/91, auga e solo.

      (*) Esta porcentaxe calcúlase en peso do total dos ingredientes do substrato (sin incluír o material de cobertura nin o auga engadida) antes de que se convirta en abono.

      O texto seguinte entre parénteses está incluído para información, este texto non forma parte do Anexo I (Non obstante ó disposto nos puntos 5.1 e 5.2 do anexo I, poderán empregarse durante un período transitorio que finalizará o 1 de decembro do 2001:   En caso de que non estean dispoñibles os productos contemplados na letra a) do punto 5.1 e no punto 5.2 procedentes de explotacións das que a producción se axuste ó método ecolóxico e a necesidade sexa recoñecida pola autoridade ou o organismo encargado da inspección.
      En tales casos, o etiquetado e a publicidade deberá incluír unha indicación, co enunciado "Setas de cultivadas nun substrato procedente da agricultura extensiva e autorizado na agricultura ecolóxica durante un período transitorio". A palabra "ecolóxica"non deberá destacar do resto das palabras do enunciado, nin na publicidade nin en ningún outro lugar da etiqueta).



B. ANIMAIS E PRODUCTOS ANIMAIS DAS SEGUINTES ESPECIES: BOVINA ( INCLUÍDAS AS ESPECIES BUBALUS E BISONTE ), PORCINA, OVINA, CAPRINA, ÉQUIDOS E AVES DE CURRAL.


  1. Principios xerais

    1.1. As produccións animais representan unha parte íntegra de numerosas explotacións agrícolas no sector da agricultura ecolóxica.

    1.2. As produccións animais deben contribuír ó equilibrio dos sistemas agrícolas, satisfacendo para elo as necesidades de nutrientes dos cultivos e mellorando a materia orgánica do solo. Deste xeito poden axudar a establecer e manter as relacións complementarias solo - prantas, prantas - animais e animais - solo. Dentro desta idea, a producción sin solo ( production hors sol) non é conforme ás normas do presente Regulamento.

    1.3. Ó utilizar recursos naturais renovables (esterco, cultivos de leguminosas, cultivos forraxeiros), o sistema cultivo - cria animal e os sistemas de pastoreo aseguran o mantemento e a mellora da fertilidade dos solos a largo prazo e contribúen ó desenvolvemento dunha agricultura sostida.

    1.4. A cría animal no marco da agricultura ecolóxica é unha producción ligada ó solo. Salvo cando se autorice unha excepción no presente anexo, os animais deben dispor de currais e o número de animais por unidade de superficie deberá limitarse con obxecto de asegurar unha xestión integrada das produccións animais e vexetais na unidade de producción, minimizando así calquera forma de contaminación, particularmente do solo así como das augas superficiais e das capas freáticas, A carga gandeira debe gardar unha estreita proporción coa superficie dispoñible para evitar os problemas derivados do sobrepastoreo e da erosión, e para permitir o esparcimento do esterco, a fin de evitar todo impacto negativo no medio ambiente. As normas de aplicación relativas á utilización de esterco figuran máis adiante, na sección 7.

    1.5. Na cría de animais ecolóxica, todos o animais dunha mesma unidade de producción deberán ser criados cumprindo as normas establecidas no presente Regulamento.

    1.6. Non obstante, poderá haber na explotación animais dos que a cría non cumpra as disposicóns do presente Regulamento sempre e cando a súa cría se efectúe en unidades nos que os locais e parcelas estean claramente separados das unidades de producción conformes ás normas do presente Regulamento, e sempre que sexan dunha especie diferente.

    1.7. Como excepción a este principio, os animais nos que a cría non cumpra as disposicións do presente Regulamento poderán utilizar, durante un período de tempo limitado cada ano, os pastos das unidades conformes ó presente Regulamento, sempre que ditos animais procedan da gandería extensiva (tal como se define no apartado 5 do artigo 6 do Regulamento (CE) nº 950/97 ou, para aquelas especies non mencionadas en dito Regulamento, o número de animais por Ha. correspondente a 170 kg. de nitróxeno por ano e por hectárea, tal como se define no anexo VII do presente Regulamento) e sempre que non haxa ó mesmo tempo en ditos pastos outros animais que estean suxeitos ós requisitos do presente Regulamento. Esta excepción estará supeditada á autorización previa da autoridade ou organismo de control.

    1.8. Como segunda excepción a este principio, os animais criados de conformidade coas disposicións do presente Regulamento poderán pastorear en terras comúns de pasto sempre que:


  2. 2. Conversión

    2.1. Conversión de terras asociadas a produccións animais ecolóxicas
    2.2. Conversión de animais e productos animais

    2.3. Conversión simultánea


  3. Orixe dos animais

    3.1. Ó seleccionar as razas ou as estirpes teranse en conta a capacidade dos animais para adaptarse ás condicións do entorno e a súa vitalidade e resistencia ás enfermidades. Ademais, esta selección deberá facerse tendo en conta a necesidade de evitar enfermidades ou problemas sanitarios específicos asociados a determinadas razas ou estirpes utilizadas na gandería intensiva (por exemplo, o síndrome de estrés porcino, o síndrome de PSE, morte súbita, os abortos espontáneos, os partos distócicos que requiran cesáreas, etc.). Deberá darse preferencia ás razas e estirpes autóctonas.

    3.2. Os animais deberán proceder de unidades de producción que respeten as normas relativas ós distintos tipos de produccións animais establecidas no artigo 6 e no presente anexo. Este sistema de producción deberá aplicarse ó longo de toda a vida dos animais.

    3.3. Como primeira excepción, baixo a autorización previa da autoridade ou organismo de control, poderán someterse a conversión os animais presentes na unidade de producción que non cumpran as normas do presente Regulamento.

    3.4. Como segunda execepción, cando se constitua por primeira vez un rabaño ou grea e non se dispoña en cantidade suficiente de animais producidos de acordo ca maneira de producción ecolóxico, poderán introducirse en unidades de producción animal ecolóxicas animais criados de maneira non ecolóxico nas seguintes condicións:

    3.5. Esta excepción, que deberán ser autorizada previamente polo organismo ou a autoridade de control, aplicarase durante un período transitorio que finalizará o 31 de decembro de 2003.

    3.6. Como terceira excepción, a autoridade ou organismo de control autorizará a renovación ou reconstitución do rabaño ou grea cando non se dispoña de animais criados de acordo con métodos ecolóxicos e nos seguintes casos:
    Os casos contemplados nas letras b) e c) quedarán autorizados durante un período transitorio que rematará o 31 de decembro de 2003.

    3.7. No caso dos cochos, as poliñas e as aves de curral destinadas á producción de carne, esta excepción transitoria reconsiderarase antes da data da súa expiración, a fin de determinar se hai motivos para prorrogar iste prazo.

    3.8. Como cuarta excepción, poderá introducirse por ano ata un máximo do 10 % do gando adulto equino ou bovino (incluídas as especies bubalus e bisonte) e do 20 % do gando adulto porcino, ovino e caprino, como femias que non alcanzaran o estado adulto (nulíparas), procedentes de explotacións non ecolóxicas, para completar o crecemento natural e renovar o rabaño ou grea, sempre que non se dispoña de animais criados de acordo co método ecolóxico e unicamente coa autorización da autoridade ou organismo de control.

    3.9. As porcentaxes establecidas na anterior excepción non se aplicarán ás unidades de producción nas que haxa menos de 10 animais da especie equina ou vacuna, ou menos de 5 animais da especie porcina, ovina ou caprina. Para estas unidades, as renovacións contempladas no párrafo anterior limitaranse a un animal por ano.

    3.10. Estas porcentaxes poderán incrementarse ata o 40 %, previo dictame conforme da autoridade ou organismo de control, nos seguintes casos particulares:

    3.11. Como quinta excepción, autorizarase a introducción de machos destinados á reproducción, procedentes de explotacións non ecolóxicas, sempre que ditos animais, unha vez introducidos na unidade, sexan criados e alimentados de forma permanente de acordo coas regras definidas no presente Regulamento.

    3.12. No caso de que os animais procedan de unidades que non cumpran o disposto no presente Regulamento, de conformidade coas condicións e restriccións enunciadas nos puntos 3.3 a 3.11, deberán respetarse os períodos fixados no punto 2.2.1 si os productos destínanse a ser vendidos como productos ecolóxicos. Durante esos períodos, deberán cumprirse todas as normas que establece o presente Regulamento.

    3.13. No caso de que os animais procedan de unidades que non cumpran o presente Regulamento, prestarase especial atención ás normas sanitarias. O organismo ou a autoridade de control poderá impor, en función das circunstancias locais, disposicións particulares, como probas de detección, e períodos de cuarentena.

    3.14. A Comisión presentará antes do 31 de decembro de 2003 un informe relativo á dispoñibilidade de animais criados ecoloxicamente co fin de presentar, no seu caso, unha proposta ó Comité permanente, para garantir que toda a producción ecolóxica de carne proceda de animais que naceran e se criaran en explotacións ecolóxicas.


  4. Alimentación

    4.1. A alimentación está destinada a garantir a calidade da producción e non a incrementala ata o máximo, ó tempo que se cumpren os requisitos nutritivos do gando nas súas distintas etapas de desenvolvemento. Con carácter de excepción, autorizaranse prácticas tradicionais de engorde sempre e cando sexan reversibles en calquera fase do proceso de cría. Queda prohibida a alimentación forzada.

    4.2. A alimentación dos animais debe asegurarse por medio de pensos ecolóxicos.

    4.3. Ademais, os animais deberán criarse de conformidade coas normas establecidas no presente anexo, preferentemente utilizando alimentos procedentes da unidade ou, cando non sexa posible, de outras unidades ou empresas suxeitas ás disposicións do presente Regulamento.

    4.4. Autorizarase a inclusión, ata unha porcentaxe máxima do 30 % da fórmula alimenticia como medida, nos pensos de conversión. Cando ditos pensos de conversión procedan dunha unidade da mesma explotación, a porcentaxe elevarase ó 60 %.

    4.5. A alimentación dos mamíferos xóvenes deberá basearse no leite natural, preferentemente no leite materna. Todos os mamíferos deberán ser alimentados a base de leite natural durante un período mínimo, en función da especie de que se trate, que será de 3 meses para os bovinos (incluídas as especies bubalus e bisonte ) e para os équidos, de 45 días para as ovellas e as cabras e de 40 días para os cochos.

    4.6. Cando proceda, os Estados membros designarán zonas ou rexións en que sexa viable a trashumancia (incluídos os movementos dos animais a zonas de pasto nas montañas), sen prexuízo das disposicións relativas á alimentación do gando establecidas no presente anexo.

    4.7. No caso dos herbívoros, os sistemas de cría basaranse na utilización máxima dos pastos, conforme á dispoñibilidade dos mesmos nas distintas épocas do ano. Ó menos un 60 % da materia seca que compoña a ración diaria estará constituído de forraxes comúns, frescos, desecados ou ensilados. Non obstante, a autoridade ou organismo de control poderán autorizar que no caso de animais destinados á producción leiteira a citada porcentaxe se reduza ó 50 % durante un período máximo de 3 meses ó principio da lactancia.

    4.8. Non obstante o disposto no punto 4.2, e por un período transitorio que finalizará o 24 de agosto de 2005, autorizarase o uso dunha proporción limitada de alimentos para animais convencionais se ó gandeiro lle resulta imposible obter alimentos de producción exclusivamente ecolóxica. A porcentaxe anual máxima autorizada para os alimentos para animais convencionais será dun 10% para os herbívoros e dun 20% para outras especies. Estas cifras deberán calcularse anualmente como porcentaxe en relación coa materia seca dos alimentos para animais convencionais na ración diaria, salvo no período de trashumancia, deberá ser do 25%, calculado en relación coa porcentaxe da materia seca.

    4.9. Non obstante o disposto no punto 4.8, cando se perda a producción forraxeira, en particular como consecuencia de fenómenos climáticos excepcionais, as autoridades competentes dos Estados membros poderán autorizar, durante un período limitado e en relación cunha zona específica, que se axuste á mencionada excepción unha porcentaxe máis alta de pensos convencionais. Previa autorización da autoridade competente, a autoridade ou organismo de control aplicará dita excepción a determinados productos.

    4.10. Polo que respecta ás aves de curral, a fórmula alimenticia administrada na fase de engorde conterá como mínimo un 65 % de cereais.

    4.11. Deberán engadirse forraxes comúns, frescos, desecados ou ensilados ás racións diarias dos cochos e das aves de curral.

    4.12. Unicamente os productos incluídos nas seccións 1.5 e 3.1 da parte D do anexo II poderán utilizarse como aditivos e auxiliares tecnolóxicos, respectivamente, no forraxe ensilado.

    4.13. As materias primas para a alimentación animal de orixe agrícola convencionais poderán empregarse na alimentación animal unicamente se figuran na lista da sección 1 da parte C do anexo II (materias primas para a alimentación animal de orixe vexetal) sempre que se axusten ás restriccións cuantitativas recollidas no presente anexo, e se se producen ou preparan sen empregar disolventes químicos.

    4.14. As materias primas para a alimentación animal de orixe animal ( ben convencionais ou ben ecolóxicas ) só poderán empregarse cando figuren na sección 2 da parte C do anexo II e sempre que estean suxeitas ás restriccións cuantitativas recollidas no presente anexo.

    4.15. As seccións 1, 2 e 3 da parte C e da parte D do anexo II revisaranse a máis tardar o 24 de agosto de 2003, a fin de eliminar principalmente as materias primas convencionais para alimentación animal de orixe agrícola que se produzan en cantidade suficiente na Comunidade, segundo a maneira de producción ecolóxica.

    4.16. Co fin de satisfacer as necesidades nutritivas dos animais, só poderán empregarse para a alimentación animal os productos enumerados na sección 3 (materias primas para a alimentación animal de orixe mineral) da parte C do anexo II e nas seccións 1.1 (oligoelementos) e 1.2 (vitaminas, provitaminas e substancias de efecto similar quimicamente ben definidas) da parte D do anexo II.

    4.17. Unicamente os productos enumerados nas seccións 1.3 (encimas) e 1.4 (microorganismos), 1.6 (axentes ligantes, antiaglomerantes e coagulantes), 2 (determinados productos empregados na alimentación animal) e 3 (auxiliares tecnolóxicos nos alimentos para animais) da parte D do anexo II poderán empregarse na alimentación animal con fins indicados en relación coas categorías mencionadas nos párrafos anteriores. Non se empregarán na alimentación animal antibióticos, coccidiostáticos, medicamentos, factores de crecemento ou calquera outra substancia que se empregue para estimular o crecemento ou a producción.

    4.18. Os alimentos para animais, as materias primas para a alimentación animal, os aditivos nos pensos compostos, os auxiliares tecnolóxicos en alimentos para animais e determinados productos empregados na alimentación animal non deberán producirse co uso de organismos modificados xeneticamente ou productos derivados deles.


  5. Profilaxe e coidados veterinarios

    5.1. A prevención de enfermidades na producción animal ecolóxica basarase nos seguintes principios:

    5.2. A aplicación dos principios que foron sinalados debería reducir os problemas de sanidade animal de xeito que estos poidan afrontar principalmente mediante a prevención.

    5.3. Se pese a todas as medidas preventivas que sinalaron algún animal cae enfermo ou resulta ferido, deberá ser atendido sen tardar, en condicións de aillamento cando sexa necesario e en locais axeitados.

    5.4. A utilización de medicamentos veterinarios nas explotacións ecolóxicas deberá axustarse ós seguintes principios:

    5.5. Ademais dos principios anteriores, aplicaranse as seguintes normas:

    5.6. Sempre que deban empregarse medicamentos veterinarios deberá rexistrarse claramente o tipo de producto (indicando as substancias farmacolóxicas activas que contén), e incluírse información detallada do diagnóstico, a posoloxía, o método de administración, a duración do tratamento e o tempo de espera legal. Esta información comunicarase á autoridade ou organismo de control antes de comercializar como productos ecolóxicos os animais ou productos de orixe animal. Os animais tratados indentificaránse claramente; os animais grandes, individualmente, e as aves de curral e os animais pequenos, individualmente ou por lotes.

    5.7. O tempo de espera entre a última administración do medicamento veterinario alopático ó animal nas condicións normais de uso e a obtención de productos alimenticios ecolóxicos que procedan de dito animal duplicarase en relación co tempo de espera legal ou, en caso de que non fora especificado dito período, será de 48 horas.

    5.8. Coa excepción das vacunas, os tratamentos antiparasitarios e dos programas de erradicación obrigatoria impostos polos Estados membros, cando un animal ou un grupo de animais reciban máis de dous ou un máximo de tres tratamentos con medicamentos veterinarios alopáticos de síntese química ou antibióticos nun ano (ou máis dun tratamento se o seu ciclo de vida productiva é inferior a un ano), os animais ou os productos derivados dos mesmos non poderán venderse como producidos de conformidade co presente Regulamento e deberán someterse ós períodos de conversión establecidos na sección 2 do presente anexo, previo acordo da autoridade ou organismo de control.


  6. Métodos de xestión zootécnica, transporte e identificación de productos animais.

    6.1. Prácticas zootécnicas