Anexo III
REQUISITOS MÍNIMOS DE CONTROL E MEDIDAS PRECAUTORIAS ESTABLECIDOS DENTRO DO RÉXIME DE CONTROL CONTEMPLADO NOS ARTIGOS 8 E 9
A.1. Vexetais e productos vexetais da explotación agraria ou da recolleita
- A producción deberá levarse a cabo nunha unidade nas que as parcelas, zonas de producción e almacéns estean claramente separados de calquera outra unidade que non produza con amaño ás normas do presente Regulamento; as instalacións de transformación e/ou de envasado poderán formar parte de dita unidade cando esta se limite á transformación e/ou ó envasado da súa propia producción agrícola.
- Ó iniciarse a aplicación do réxime de control, tanto o productor, incluso cando a súa actividade se limite á colleita de vexetais que medren naturalmente, como o organismo de control deberán: - facer unha descrición completa da unidade, indicando as zonas de almacenamento e producción así como as parcelas ou as zonas de colleita e, no seu caso, os lugares onde se efectúen determinadas operacións de transformación ou envasado; - determinar todas as medidas concretas que deba adoptar o productor na súa unidade para garantir o cumprimento das disposicións do presente Regulamento; - e, en caso da colleita de vexetais que medren naturalmente, as garantías que poida presentar o productor, ofrecidas no seu caso por terceiras partes, en canto ó cumprimento do punto 4 do Anexo I. Tanto a descrición como as medidas previstas incluíranse no informe de inspección, que tamén será asinado polo productor concernido. Dito informe mencionará tamén: - a data en que por derradeira vez se aplicaran nas parcelas ou nas zonas de colleita productos dos que a utilización sexa incompatible co disposto na letra b) do apartado 1 do artigo 6. - o compromiso do productor de facer as operacións de acordo co disposto nos artigos 5 e 6, e de aceptar, no caso de infracción, a aplicación das medidas indicadas no apartado 9 do artigo 9 e, no seu caso, no apartado 3 do artigo 10.
- Con anterioridade á data fixado polo organismo de control, o productor deberá notificar anualmente a dito organismo o seu programa de producción vexetal, detallándoo por parcelas.
- Deberá levar unha contabilidade mediante anotacións e/ou documental que permita ó organismo de control localizar a orixe, a natureza e as cantidades de todas as materias primas adquiridas, así como coñecer a utilización que se fixo das mesmas; deberá levarse, ademais, unha contabilidade mediante anotacións ou documental relativa á natureza, as cantidades e os destinatarios de todos os productos agrarios vendidos. As cantidades globalizaranse por día cando se trate de vendas directas ó consumidor final. Cando sexa a mesma unidade a que elabore a súa producción agraria, a contabilidade deberá incluír a información que se indica no terceiro guión do número 2 da letra B deste Anexo. (Regulamento (CEE) nº 1535/92)
- Queda prohibido calquera almacenamento na unidade de materias primas distintas de aquelas das que a utilización sexa compatible coas disposicións da letra b) do apartado 1 do artigo 6 e do artigo 7.
- Ademais das visitas de inspección sen previo aviso, o organismo de control deberá efectuar, como mínimo unha vez ó ano, un control físico completo da unidade. Poderán tomarse mostras con vistas á busca de productos non autorizados en virtude do presente Regulamento. En calquera caso, ditas mostras deberán tomarse cando exista presunción de que se utilizara un producto non autorizado. Despois de cada visita deberá levantarse un acta de inspección, que tamén será asinada polo responsable da unidade controlada.
- O productor deberá permitir ó organismo de control o acceso ós locais de almacenamento e producción, para a inspección, e ás parcelas, así como á contabilidade e ós correspondentes xustificantes e facilitará a dito organismo toda a información necesaria para a inspección.
8.1. [4] Os productos contemplados no artigo 1, só poderán ser transportados a outras unidades, tanto maioristas como minorista, en envases ou recipientes adecuados nos que o sistema de cerre impidan a sustitución do seu contido e que vaian provistos dunha etiqueta na que se mencionen, sen prexuízo de calquera outra indicación esixida legalmente: a) o nome e o enderezo da persoa responsable da producción ou da elaboración do producto ou, en caso de mencionarse outro vendedor, unha indicación que permita á unidade receptora e ó organismo de control determinar de forma inequívoca que é a persoa responsable da producción. b) o nome do producto e, conforme as disposicións do artigo 5 aplicables ó caso, unha referencia ó método ecolóxico de producción.
8.2 Sen embargo, non se requerirá o cerre dos envases ou recipientes cando: a) o transporte se efectúe entre un productor e outro operador que estea sometido ó sistema de control establecido no artigo 9; e b) os productos vaian acompañados dun documento que recolla a información esixida no punto 8.1. anterior.
- "No caso de que un operador explote varias unidades de producción na mesma comarca, as unidades situadas nesa comarca e que produzan vexetais ou productos vexetais non contemplados no artigo 1, así como os centros de almacenamento das materias primas (fertilizantes, productos fitosanitarios e sementes), estarán suxeitos ó réxime de control respecto ó párrafo do punto 2 e ós puntos 3 e 4. Nestas unidades non poderán producirse vexetais da mesma variedade que os vexetais producidos na unidade a que se refire o punto 1.
Non obstante, os productores poderán quedar eximidos do disposto na última frase do párrafo anterior:a) No caso de producción de cultivos vivaces (cultivos arbóreos, vide e lúpulo), sempre que se cumpran as condicións seguintes:
1.- A producción estará incluída nun plan de conversión que comprometerá ó productor formalmente e con amaño ó cal o inicio da conversión á producción ecolóxica da última parte das superficies incluídas no mesmo comezará o antes posible e, en todo eso, nun prazo máximo de cinco anos.
2.- Teranse tomado as medidas oportunas para garantir en todo intre a separación dos productos procedentes de cada unha das unidades consideradas.
3.- A colleita de cada un dos productos considerados comunicarase ó organismo de control cunha antelación de ó menos 48 horas.
4.- Inmediatamente despois de rematada a colleita, o productor comunicará ó organismo ou á autoridade de control as cantidades exactas que colleitara nas unidades consideradas, así como calquera característica distintiva da producción (por exemplo, calidade, cor, peso medio, etc.), e confirmará que aplicou as medidas necesarias para garantir a separación dos productos.
5.- Tanto o plan de conversión como as medidas mencionadas nos puntos 1 e 2 terán sido aprobados polo organismo ou a autoridade de control, que deberá confirmar esta aprobación todos os anos tras o inicio do mencionado plan.b) No caso das superficies destinadas á investigación agronómica de acordo coas autoridades competentes dos Estados membros, sempre que se cumpran as condicións 2, 3 e 4 e a parte correspondente da condición 5 da letra a).
c) En caso de producción de sementes, de material de reproducción vexetal e de prantóns, sempre que se cumpriran as condicións 2, 3 e 4 e a parte correspondente da condición 5 mencionadas na letra a)."
A.1. Vexetais e productos vexetais da explotación agraria ou da recolleita
- Ó comezo da posta en práctica do réxime de control propio das produccións animais, o productor e o organismo de control establecerán:
- Unha descrición completa das instalacións gandeiras, pastos, zonas de exercicio ó aire libre, espacios abertos, etc., e, no seu caso, dos locais de almacenamento, trasformación e empaquetado dos animais, os productos animais, as materias primas e os insumos.
- Unha descrición completa das instalacións de almacenamento do esterco.
- Un plan de esparcimento de dito esterco, aprobado por un organismo ou autoridade de control de inspección, así como unha descrición completa das superficies adicadas ás produccións vexetais.
- No seu caso, as disposicións contractuais establecidas con outros agricultores para o esparcimento do esterco.
- Plan de xestión, da autoridade de cría animal de producción ecolóxica (por exemplo, xestión da alimentación, reproducción, saúde, etc.).
- Todas as medidas concretas que deben tomarse a nivel da unidade de cría para asegurar o cumprimento do disposto no presente Regulamento.
Esta descrición e as medidas en cuestión estarán indicadas no informe de inspección asinado polo productor de que se trate.
Asimismo, o informe deberá especificar o compromiso contraído polo productor de levar a cabo as operacións conforme ó disposto nos artigos 5 e 6 e de aceptar, no caso de infracción, a aplicación das medidas contempradas no apartado 9 do artígo 9e, cando sexan pertinentes, as do apartado 3 do artigo 10.
- Os requisitos xerais en materia de control, descritos nos puntos 1 e 4 ó 8 da parte A.1, para os vexetais e productos vexetais, serán aplicables ós animais e productos animais.
Non obstante o disposto en ditas normas, aceptarase o almacenamento na explotación de productos e antibióticos menciñais veterinarios alopáticos, sempre e cando foran recetados por un veterinario no marco de tratamentos contemplados no anexo I, encóntranse almacenados nun lugar controlado e figuran no rexistro da explotación.
- Os animais deberán identificarse de xeito permanente, mediante as técnicas axeitadas a cada especie; individualmente para os mamíferos de tamaño grande, ou por lotes para as aves de curral e os pequenos mamíferos.
- Os datos dos animais deberán compilarse nun rexistro e estar sempre a disposición dos organismos e autoridades de control na sé da explotación.
Nestes rexistros, destinados a proporcionar unha descrición completa do xeito de xestión do grupo de animais, deberá constar a seguinte información:- As chegadas de animais, por especie: orixe e data de chegada, período de conversión, marca de indentificación e historial veterinario.
- As saídas de animais: idade, número, peso en caso de sacrificio, marca de identificación e destino.
- As posibles pérdidas de animais e a súa xustificación.
- Alimentación: tipo de alimentos, incluindo os comprementos alimenticios, a proporción dos distintos componentes da ración, os períodos de acceso ós currais e de trashumancia en caso de que existan restriccións na materia.
- Profilaxe, intervencións terapéuticas e coidados veterinarios: datas de tratamento, diagnóstico, natureza do producto empregado no tratamento, modalidades de tratamento, recetas do facultativo para os coidados veterinarios, con xustificación e tempo de espera impostos antes da comercialización dos productos animais.
- Cando un productor explote varios centros de cría na mesma rexión, as unidades adicadas á cría de animais ou á producción de productos animais non contemplados no artigo 1 estarán igualmente suxeitos ó rexime de control, no que respecta ós guións primeiro, segundo e terceiro do punto 1 da presente sección, relativa ós animais e productos animais, e ás disposicións referentes ó programa de cría, ós datos dos animais e ós principios de almacenamento dos productos empregados para a cría.
B. Unidades de elaboración de productos vexetais e animais e de pensos compostos a base de productos vexetais e animais.
- Cando empece a aplicarse o réxime de control, o operador e o organismo de control deberán:
- Elaborar unha descrición completa da unidade indicando as instalacións utilizadas para a transformación, o envasado e o almacenamento dos productos agrícolas antes e despois das operacións;
- establecer todas as medidas concretas que deban adoptarse na unidade para garantir o cumprimento das disposicións do presente Regulamento.
Tanto a descrición como as citadas medidas figurarán nun informe de inspección, que tamén será firmado pola persoa responsable da unidade de que se trate.
No informe deberá figurar, ademais o compromiso contraído polo operador de levar a cabo as operacións de acordo coas disposicións do artigo 5 e de aceptar, en caso de infracción, a aplicación das medidas indicadas no apartado 9 do artigo 9 e, no seu caso, no apartado 3 do artigo 10.
- Deberá levarse unha contabilidade mediante anotacións que permita ó organismo de control coñecer:
- A orixe, a natureza e as cantidades dos productos agrícolas mencionados no artigo 1 que foran entregados na unidade.
- A natureza, as cantidades e os destinatarios dos productos agroalimentarios mencionados no artigo 1 que sairan da unidade.
- Calquera outra información, como a orixe, a natureza e as cantidades dos ingredientes, aditivos e coadxuvantes de fabricación recibidos na unidade e a composición dos productos transformados, que o organismo de control requira para unha inspección adecuada das operacións.
- En caso de que tamén se transformaran, envasaran ou almacenaran na unidade productos non mencionados no artigo 1:
- a unidade deberá dispor de locais separados para o almacenamento, antes e despois das operacións dos productos mencionados no artigo 1.
- as operacións de elaboración deberán efectuarse por series completas, separadas fisicamente ou no tempo de operacións semellantes que se efectúen con productos non contemplados no artigo 1.
- se ditas operacións de elaboración non se efectúan frecuentemente, deberán anunciarse con anticipación, dentro dun prazo fixado de común acordo co organismo de control.
- deberán adoptarse todas as medidas necesarias para garantir a identificación dos lotes e para evitar que poidan misturarse con productos non obtidos con amaño ás normas de producción establecidas no presente Regulamento.
- Ademais das correspondentes visitas de inspección sen previo aviso, o organismo de control deberá efectuar, como mínimo unha vez ó ano un control físico da unidade. Poderán tomarse mostras con vistas á busca de productos non autorizados en virtude do presente Regulamento. En calquera caso, ditas mostras deberán tomarse cando exista presunción de que se tivera utilizado un producto non autorizado. Despois de cada visita deberá levantarse un acta de inspección, que tamén será asinada polo responsable da unidade controlada.
- O operador deberá permitir ó organismo de control o acceso á unidade para a súa debida inspección, así como á contabilidade e ós correspondentes xustificantes, e facilitar a dito organismo toda a información necesaria para a inspección.
- Os productos contemplados no artigo 1 só poderán transportarse a outras unidades, tanto maioristas como minoristas, en envases ou recipientes adecuados nos que o cerre impida a sustitución do seu contido e que vaian provistos dunha etiqueta na que se mencionen, sen prexuízo de calquera outra indicación esixida legalmente:
a) o nome e o enderezo da persoa responsable da producción ou elaboración do producto ou, en caso de mencionarse outro vendedor, unha indicación que permita á unidade receptora e ó organismo de control determinar de forma inequívoca quen é a persoa responsable da elaboración;
b) o nome do producto e, conforme ás disposicións do artigo 5 aplicables ó caso, unha referencia ó método ecolóxico de producción.
No momento da recepción dun dos productos contemplados no artigo 1, o operador inspeccionará o cerre do envase ou recipiente cando aquel sexa esixido e comprobará se figuran as indicacións dispostas no párrafo anterior, no punto 8.1 da parte A ou no punto 8 da parte C. O resultado desta comprobación farase constar expresamente na contabilidade a que se refire o punto 2 da parte B. Cando a comprobación plantexe a dúbida de se o producto en cuestión procede efectivamente dun operador suxeito ó sistema de control establecido no artigo 9, só poderá procederse á súa transformación ou envasado unha vez disipada a dúbida, a menos que se comercialice sen ningunha referencia ó método ecolóxico de producción.
C. Importadores de productos vexetais, vexetais e alimentos compostos de productos vexetais a animais procedentes de terceiros países.
- Ó iniciarse a aplicación do sistema de control, o importador e o organismo de control deberán:
- facer unha descrición completa das instalacións do importador e das súas posibles actividades de importación, indicando na medida do posible os puntos de entrada dos productos na Comunidade e calquera outras instalacións que aquel teña o propósito de utilizar para o almacenamento dos productos importados;
- determinar todas as medidas concretas que deba adoptar o importador para garantir o cumprimento das disposición do presente Regulamento.
Tanto a descrición como as medidas previstas incluíranse nun informe de inspección, que tamén será firmado polo importador. En dito informe figurará ademais o compromiso do importador:- De facer as operación de importación de forma que se cumpran as disposicións do artigo 11, e de aceptar, en caso de infracción, a aplicación das medidas indicadas no apartado 9 do artigo 9;
- De garantir que toda instalación de almacenamento que vaia a utilizar quede aberta ás labores de inspección do organismo de control ou, cando dita instalación se encontre situada noutro Estado membro ou rexión, ás dun organismo de control autorizado a tal efecto neste Estado ou rexión.
- Deberá levarse unha contabilidade escrita que permita ó organismo de control comprobar para cada lote dos productos contemplados no artigo 1, que se importe dun país terceiro:
- A orixe, a natureza e a cantidade do lote, así como, cando o solicite o organismo de control, calquera información sobre as condicións do transporte entre o país terceiro exportador e as instalacións ou almacéns do importador.
- A natureza, a cantidade e os destinatarios do lote, así como, cando o solicite o organismo de control, calquera información sobre as condicións do transporte entre as instalacións ou almacéns do importador e os destinatarios.
- O importador comunicará ó organismo de control cada unha das partidas que importe á Comunidade, facilitando calquera información que poida requerir este organismo ou autoridade, como, por exemplo, unha copia do certificado de control expedido para a importación de productos ecolóxicos. Cando estes productos circulen por un Estado membro ou rexión distinto de aquel no que o organismo de control estea autorizado para a inspección, dito organismo poderá transmitir a información a outro que se autorice a tal efecto nese Estado ou rexión para proceder á inspección física da partida importada.
- Cando os productos contemplados no artigo 1 se depositen tras a súa importación en instalacións de almacenamento onde tamén se transformen, envasen ou almacenen outros productos agrícolas ou alimenticios:
- Os productos a que se refire o artigo 1 deberán manterse separados dos demais productos agrícolas e/ou alimenticios;
- Deberán adoptarse as medidas necesarias para garantir a identificación dos lotes e evitar a súa mistura con productos non obtidos de acordo coas disposicións do presente Regulamento.
- Ademais de facer visitas de inspección sen previo aviso, o organismo de control deberá efectuar, ó menos unha vez ó ano, unha inspección física completa das instalacións do importador e, no seu caso, dunha selección das outras instalacións de almacenamento que utilice aquel.
O organismo de control inspeccionará a contabilidade escrita disposta no punto 2 da presente parte C e os certificados establecidos na letra b) do apartado 1 e no apartado 3 do artigo 11. Poderán tomarse mostras para detectar a posible presencia de substancias non autorizadas no presente Regulamento, debéndose proceder, en todo caso, á súa toma cando existan sospeitas do uso de ditas substancias. Ó remate de cada visita, levantarase un acta de inspección, que tamén será asinada polo responsable da unidade controlada.
- O importador deberá permitir que o organismo de control teña acceso, para a súa inspección, ás súas instalacións, contabilidade escrita e calquera xustificantes que sexan pertinentes, en particular ó certificados de importación. Así mesmo, facilitaralles canta información sexa necesaria para as labores de inspección.
- Os productos contemplados no artigo 1 orixinarios de terceiros países importaranse en envases ou recipientes adecuados nos que o cerre impida a sustitución do seu contido e que vaian provistos dunha identificación do exportador e de outras marcas e números que permitan identificar o lote co seu certificado de control.
No momento da recepción dun dos productos mencionados no artigo 1 importado dun país terceiro, o operador inspeccionará o cerre do envase ou recipiente e comprobará a correspondencia do número ou marca de identificación do lote co indicado no certificado prevista na letra b) do apartado 1 do artigo 11 ou nun certificado similar que sexa requerido polas autoridades en aplicación de calquera medida adoptada en virtude do apartado 6 dese mesmo artigo. O resultado desta comprobación farase constar expresamente na contabilidade a que se refire o punto 2 da presente parte C. Cando a comprobación plantexe a dúbida de si o producto procede dun país terceiro ou dun exportador dun país terceiro que non estean admitidos con amaño ás disposicións do artigo 11, só poderá procederse á súa comercialización ou á súa transformación ou envasado unha vez disipada a dúbida, a menos que se comercialice sen ningunha referencia ó método ecolóxico de producción.
- Os productos contemplados no artigo 1 só poderán transportarse a outras unidades, tanto maioristas como minoristas, en envases ou recipientes adecuados nos que o cerre impida a sustitución do seu contido e que vaian provistos dunha etiqueta na que se mencionen, sen prexuízo de calquera outra indicación outra indicación esixida legalmente:
a) o nome e o enderezo do importador do producto ou unha indicación que permita á unidade receptora e ó organismo de control determinar de forma inequívoca quen é o importador do producto.
b) o nome do producto e, conforme ás disposicións do artigo 5 aplicables ó caso, unha referencia ó método ecolóxico de producción.
![]()