ANEXO VI

INTRODUCCIÓN

Ós efectos do presente Anexo, aplicaranse as seguintes definicións:

  1. Ingredientes: Substancias definidas no artigo 4 do presente Regulamento coas restriccións recollidas no apartado 4 do artigo 6 da Directiva 79/112/CEE do Consello, de 18 de decembro de 1.978, relativa á aproximación das lexislacións dos Estados membros en materia de etiquetado, presentación e publicidade dos productos alimenticios destinados ó consumidor final (DO nº L 33 de 8.2. 1979, p. 1.).

  2. Ingredientes de orixe agrario:
      a) Productos agrarios simples ou productos derivados deles como resultado da aplicación de operacións de lavado ou limpeza ou de procesos mecánicos ou térmicos adecuados, ou ben de calquera outro proceso físico que teña como efecto a reducción do contido de humidade do producto.
      b) Tamén se inclúen neste apartado os productos derivados dos productos mencionados na letra a) como resultado da aplicación doutros procedementos utilizados no proceso de transformación de alimentos, a menos que ditos productos se consideren aditivos alimentarios ou aromatizantes, con amaño ás definicións recollidas nos puntos 5 ou 7 seguintes.


  3. Ingredientes de orixe non agrario: ingredientes distintos dos ingredientes de orixe agrario e que pertenzan ó menos a unha das seguintes categorías:
      3.1. Aditivos alimentarios, incluídos os vehículos de ditos aditivos, segundo se definen nos puntos 5 e 6 seguintes.
      3.2. Aromatizantes, segundo se definen no punto 7 seguinte.
      3.3. Auga e sal.
      3.4. Preparados a base de microorganismos.
      3.5. Minerais (incluídos os oligoelementos) e vitaminas.


  4. Auxiliares tecnolóxicos: substancias definidas na letra a) do apartado 3 do artigo 1 da Directiva 89/107/CEE, de 21 de decembro de 1988, relativa á aproximación das lexislacións dos Estados membros sobre os aditivos alimentarios autorizados nos productos alimenticios destinados ó consumo humano (DO nº L 40 de 11.2 1988, p. 27).

  5. Aditivos alimentarios: substancias definidas nos apartados 1 e 2 do artigo 1 da Directiva 89/107/CEE e incluídas no ámbito de aplicación de dita Directiva ou dunha Directiva xeral, como se indica no apartado 1 do artigo 3 da directiva 89/107/CEE.

  6. Vehículos, incluídos os disolventes de vehículos: aditivos alimentarios empregados para disolver, diluír, dispersar ou modificar fisicamente de calquera outro modo un aditivo alimentario sen alterar a súa función tecnolóxica, co obxecto de facilitar a súa manipulación, aplicación ou emprego.

  7. Aromatizantes: substancias e productos definidos no apartado 2 do artigo 1 da Directiva 88/388/CEE do Consello, de 22 de xuño de 1.988, relativa á aproximación das lexislacións dos Estados membros no ámbito dos aromas que se utilizan nos productos alimenticios e dos materiais de base para a súa producción (DO nº L 184 de 15.7 1988, p. 61), incluídos no ámbito de dita Directiva.



PRINCIPIOS XERAIS

As partes A, B e C abarcan todos os ingredientes e auxiliares tecnolóxicos que se poden utilizar na elaboración de todos os productos alimenticios, mencionados na letra b) do apartado 1 do artigo 1 do presente Regulamento, compostos esencialmente dun ou máis ingredientes de orixe vexetal, con excepción dos viños.

Á espera da adopción das normas establecidas nas partes A e B do presente anexo, e co fin de incluír específicamente a preparación de productos alimenticios compostos de un ou máis productos animais; aplicarán as disposicións nacionais.

Sen prexuízo da referencia a un ingrediente das Partes A e C ou a un auxiliar tecnolóxico da parte B, só poderán aplicarse prácticas de transformación, como por exemplo o afumado, e empregarse ingredintes ou auxiliares tecnolóxicos con amaño á lexislación comunitaria ou nacional pertinente compatible co Tratado e, en ausencia de lexislación, con amaño ós principios de boas prácticas de fabricación de productos alimenticios. En particular, os aditivos empregaranse con amaño ás disposicións da Directiva 89/107/CEE e, cando proceda, con amaño ás dun Directiva xeral, como se indica no apartado 1 do artigo 3 da Directiva 89/107/CEE; os aromatizantes empregaranse con amaño ás disposicións da Directiva 88/388/CEE e os disolventes con amaño ás disposicións da Directiva 88/344/CEE do Consello, de 13 de xuño de 1988, relativa á aproximación das lexislacións dos Estados membros sobre os disolventes de extracción empregados na fabricación de productos alimenticios e dos seus ingredientes (DO nº L 157 de 24. 6. 1988, p. 28).




PARTE A - INGREDINTES DE ORIXE NON AGRARIO ( CONTEMPLADOS NA LETRA C) DO APARTADO 3 DO ARTIGO 5 E NA LETRA D) DO APARTADO 5 BIS DO ARTIGO 5 DO REGULAMENTO ( CEE ) Nº 2092/91.

A.1. Aditivos alimentarios, incluídos os vehículos

NOME

CONDICIÓNS ESPECIAIS

E 170 Carbonatos de calcio Autorizadas todas as funcións salvo colorante
E 270 Ácido láctico --
E 290 Dióxido de carbono --
E 296 Ácido málico --
E 300 Ácido ascórbico --
E 306 Extracto rico en tocoferoles Antioxidantes en graxas e aceites
E 322 Lecitinas --
E 330 Ácido cítrico --
E 333 Citrato de calcio --
E 334 Ácido tartárico [L(+)-] --
E 335 Tartrato de sodio --
E 341 Fosfato monocálcico (i) Gasificantes en fariñas de autofermentación
E 400 Ácido algínico --
E 401 Alginato de sodio --
E 402 Alginato de potasio --
E 406 Agar --
E 407 Carragenano --
E 410 Goma de algarrobo --
E 412 Goma guar --
E 413 Goma de tragacanto --
E 414 Goma arábiga --
E 415 Goma xanthan --
E 416 Goma karaya --
E 422 Glicerina Extractos vexetais
E 440(i) Pectina --
E 500 Carbonato de sodio --
E 501 Carbonato de potasio --
E 503 Carbonato de amonio --
E 504 Carbonato de magnesio --
E 516 Sulfato de calcio Portador
E 524 Hidróxido sódico Tratamento superficial de Laugengebäck
E 551 Dióxido de silicio Axente antiaglutinante para herbas e especias
Argón --
Nitróxeno --
Osíxeno --


A.2. Aromatizantes con amaño á Directiva 88/388/CEE



A.3. Auga e sales.
A.4. Preparados a base de microorganismos.
A.5. Minerais (incluídos os elementos traza), vitaminas, aminoácidos e outros compostos de nitróxeno.
Os minerais (incluídos os trazadores), as vitaminas, os aminoácidos e outros compostos nitroxenados só se autorizan na medida en que a normativa faga obrigatorio o seu emprego nos alimentos ós que se incorporen.




PARTE B: AUXILIARES TECNOLÓXICOS E OUTROS PRODUCTOS QUE PODEN EMPREGARSE PARA A ELABORACIÓN DE INGREDIENTES DE ORIXE AGRARIO DERIVADOS DA PRODUCCIÓN ECOLÓXICA A QUE SE FAI REFERENCIA A LETRA D) DO APARTADO 3 DO ARTIGO 5 E A LETRA E) DO APARTADO 5 BIS DO ARTIGO 5 DO REGULAMENTO ( CEE ) Nº 2092/91

Preparados a base de microorganismos e encimas:




PARTE C: INGREDIENTES DE ORIXE AGRARIA QUE NON FORAN PRODUCIDOS ECOLOXICAMENTE CITADOS NO APARTADO 4 DO ARTIGO 5 DO REGULAMENTO (CEE) Nº 2092/91.

    C.1. Productos vexetais sen transformar e productos derivados deles mediante a aplicación dos procesos a que se refire a definición indicada na letra a) do punto 2 da introducción do presente anexo:

    C.2. Productos vexetais transformados mediante a aplicación dos procedementos ó que se refire a definición indicada na letra b) do punto 2 da introducción do presente anexo:


Regulamento (CE) nº 330/1999

Os seguintes productos poderanse empregar nas mesmas condicións que os productos recollidos na parte C do Anexo VI do Regulamento (CEE) Nº 2092/91 ata o 31 de xaneiro do 2000: concentrado de albaricoque (Prunus armeniaca), concentrado de saúco (Sambucus nigra), mango (Mangifera indica), fresa (Fragaria vesca), en po ou concentrada, mistura de cinco especias en po composta de: fiuncho (Foeniculum vulgare), cravo (Syzygium aromaticum), xenxibre (Zingiber officinale), anís (Pimpinella anisum) e canela (Ginnamomum zeylanicum), graxa de coco, graxa de cacao e almidóns ou féculas de cereais e tubérculos, sin modificación química.



Regulamento (CEE) nº 207/93

    Artigo 2

    As modificacións das partes A e B do Anexo VI do Regulamento (CEE) nº 2092/91 só se efectuarán se se cumpren os seguintes requisitos, como mínimo:

    Artigo 3

  1. En tanto un ingrediente de orixe agrario non se tivera incluído na parte C do Anexo VI do Regulamento (CEE) nº 2092/91, dito ingrediente poderá empregarse en virtude da excepción establecida na letra b) do apartado 3 do artigo 5 e na letra b) do apartado 5 bis do artigo 5 de dito Regulamento, a condición de que:

      a) O axente económico remitira á autoridade competente do Estado membro toda a documentación esixida que demostre que o ingrediente en cuestión cumpre o disposto no apartado 4 do artigo 5
      b) A autoridade competente do Estado membro autorizara provisionalmente o seu emprego, con amaño ó disposto no apartado 4 do artigo 5, durante u período máximo de tres meses tras ter comprobado que o axente económico efectuou os contactos necesarios cos demais proveedores comunitarios co fin de verificar que non está dispoñible o ingrediente en cuestión que responde ás esixencias de calidade; o Estado membro poderá prolongar dita autorización un máximo de tres veces por un período de sete meses cada unha delas.

  2. Cando se tivera concedido a autorización mencionada no apartado 1, o Estado membro comunicará de inmediato ós demais Estados membros e á Comisión a información seguinte:

      a) a data de autorización
      b) o nome e, se é necesario, a descrición precisa e as esixencias de calidade do ingrediente de orixe agrario de que se trate
      c) as cantidades que se soliciten e a xustificación desas necesidades
      d) as razóns da escaseza e a súa duración previsible
      e) a data na que o Estado membro envía a notificación ós demais Estados membros e á Comisión
      f) a data límite para o envío da información por parte dos Estados membros ou da Comisión, que deberá ser da ó menos trinta días a partir da data da notificación á que se refire a letra e).

  3. Se a información enviada, dentro dos trinta días seguintes á data da notificación, por un Estado membro á Comisión e ó Estado membro que tivera concedido a autorización demostra a dispoñibilidade de suministros durante o período de escaseza, o Estado membro estudiará a posibilidade de retirar a autorización ou de reducir a súa duración prevista e comunicará á Comisión e ós demais Estados membros, dentro dos quince días seguintes á data de recepción da información, as medidas que tivera tomado.


  4. No caso da prolongación á que fai referencia a letra b) do apartado 1, serán aplicables os procedementos establecidos nos apartados 2 e 3.


  5. A petición dun Estado membro ou a iniciativa da Comisión, o asunto poderá someterse á consideración do Comité mencionado no artigo 14 do Regulamento. De acordo co procedemento previsto en dito artigo, poderá tomarse a decisión de retirar a autorización ou de modificar a súa duración, ou, cando proceda, poderá decidirse que o ingrediente de que se trate sexa incluído na parte C do Anexo VI.