DISPOSICIÓN ADMINISTRATIVA E APLICACIÓN

Artigo 13

Con amaño ó procedemento establecido no artigo 14 poderán adoptarse:

 

Artigo 14

A Comisión estará asistida por un Comité integrado polos representantes dos Estados membros e presidido polo representante da Comisión.
Cando deba seguirse o procedemento definido no presente artigo, o representante da Comisión presentará ó Comité un proxecto de medidas a adoptar.
O Comité emitirá o seu dictame sobre dito proxecto nun prazo que o presidente poderá determinar en función da urxencia da cuestión. O dictame emitirase segundo a maioría prevista no apartado 2 do artigo 148 do Tratado. Os votos dos representantes dos Estados membros no Comité ponderaránse de maneira definida no artigo anteriormente citado. O presidente non tomará parte na votación.
A Comisión adoptará as medidas contempladas cando se axusten ó dictame do Comité. En caso de que as medidas contempladas non se axusten ó dictame do Comité, ou a falla de dictame, a Comisión presentará sen demora ó Consello unha proposta de medidas a adoptar. O Consello decidirá por maioría cualificada.
Se transcorrido un período de tres meses a partir de dita presentación ó Consello, este non se tivera pronunciado, as medidas propostas serán adoptadas pola Comisión.

Artigo 15

Os Estados membros comunicarán anualmente á Comisión, antes do 1 de xullo, as medidas adoptadas no transcurso do ano precedente para a aplicación do presente Regulamento e, en particular:

  1. a lista dos operadores que a 31 de decembro do ano anterior, xa tiveran efectuado a notificación a que se refire a letra a) do apartado 1 do artigo 8 estean sometidos ó réxime de control contemplado no artigo 9;

  2. un informe relativo á supervisión levada a cabo en aplicación do apartado 6 do artigo 9;

Por outra parte, os Estados membros comunicarán anualmente á Comisión, antes do 31 de marzo, a lista de organismos de control autorizados ó 31 de decembro do ano anterior, a súa estructura xurídica e funcional, o seu programa de control, o seu sistema de sancións e, no seu caso, a súa marca.
A Comisión publicará anualmente, na serie C do Diario Oficial, as listas dos organismos autorizados que lle foran comunicadas dentro do prazo previsto no párrafo segundo.


Artigo 15 bis

Para as medidas enunciadas no presente Regulamento, en particular as que ten que poñer en práctica a Comisión para cumprir os obxetivos fixados polos artigos 9 e 11, e os anexos técnicos, asignaránse cada ano os créditos necesarios no marco do procedemento presupostario.


Artigo 16

  1. O presente Regulamento entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas.
  2. Nun prazo de nove meses a partir da entrada en vigor do presente Regulamento, os Estados membros darán cumprimento ó disposto nos artigos 8 e 9.
  3. "As disposicións do artigo 5, do apartado 1 do artigo 8 e do apartado 1 do artigo 11 serán aplicables a partir do 1 de xaneiro de 1.993."
    Con amaño ó procedemento establecido no artigo 14, o prazo para a aplicación do apartado 1 do artigo 11 poderá prorrogarse durante un período determinado para as importacións procedentes dun país terceiro en caso de que, en resposta á petición do país terceiro de que se trate, o exame da cuestión se atope nunha fase que non permita tomar unha decisión sobre a inclusión de dito país na lista a que se refire a letra a) do apartado 1 do artigo 11 con anterioridade ó vencemento do prazo fixado no párrafo primeiro.
    Para o cumprimento do período de conversión a que se refire o punto 1 do Anexo 1, o período transcorrido antes da entrada en vigor do presente Regulamento tomarase en consideración na medida en que o operador poida demostrar de forma satisfactoria para o organismo de control que durante dito período a súa producción se axustaba ás disposicións nacionais vixentes ou, no seu defecto, ás normas internacionais recoñecidas en materia de producción ecolóxica.
  4. Durante un período de doce meses a partir da entrada en vigor do presente Regulamento, os Estados membros, non obstante ó disposto no apartado 1 do artigo 6, poderán autorizar o emprego no seu territorio de productos que conteñan sustancias non enumeradas no Anexo II cando consideren que cumpren as condicións establecidas no apartado 1 do artigo 7.
  5. Durante un período que expirará doce meses despois do establecemento do Anexo VI de conformidade co apartado 7 do artigo 5, os Estados membros poderán, con amaño ás súas disposicións nacionais, seguir autorizando o emprego de sustancias que non figuren en dito Anexo VI.
  6. Os Estados membros indicarán ós demais Estados membros e á Comisión as sustancias autorizadas en virtude dos apartados 4 e 5.

    O presente Regulamento será obrigatorio en todos os seus elementos e directamente aplicable en cada Estado membro.