ETIQUETADO
Artigo 5
- No etiquetado ou na publicidade dos productos mencionados na letra a) do apartado 1 do artigo 1 só se poderá facer referencia ó método de producción ecolóxica cando:
- ditas indicacións poñan de manifesto que se trata dun método de producción agraria;
- o producto fora obtido con amaño ás normas establecidas "no artigo 6" , ou fora importado de países terceiros no marco de réxime a que se refire o artigo 11;
- o producto fora producido ou importado por un operador suxeito ás medidas de control específico establecidas nos artigos 8 e 9;
- "no etiquetado dos productos preparados despois do 1 de xaneiro de 1.997 constará o nome e/ou o número de código correspondente á autoridade ou ó organismo de control de que dependa o productor. A elección da mención do nome e/ou do número de código depende do Estado membro que notifica a súa decisión á Comisión."
- "----"
- "No etiquetado e na publicidade dos productos mencionados na letra b) do apartado 1 do artigo 1 só se poderá facer referencia na denominación de venda do producto, a indicacións que fagan referencia a métodos de producción ecolóxica cando:
- ó menos o 95% dos ingredientes de orixe agrario do producto sexan productos ou proveñan de productos obtidos con amaño ás normas establecidas no artigo 6 ou foran importados de países terceiros no marco do réxime contemplado no artigo 11;
- todos os demais ingredientes de orixe agrario do producto figuren na parte C do Anexo VI, ou foran autorizados provisionalmente nun Estado membro conforme a toda norma de desenvolvemento adoptada, no seu caso, en virtude do apartado 7;
- os ingredientes de orixe non agrario que conteña o producto sexan unicamente sustancias que figuren na parte A do Anexo VI;
- nin o producto nin os seus ingredientes de orixe agrario a que se refire a letra a) foran sometidos a tratamentos mediante sustancias non incluídas na parte B do Anexo VI;
- nin o producto nin os seus ingredientes foran sometidos a tratamentos que impliquen o emprego de radiacións ionizantes;
- o producto fora elaborado ou importado por un operador que se sometera ás medidas de control establecidas nos artigos 8 e 9;
- no etiquetado dos productos preparados despois do 1 de xaneiro de 1.997 constará o nome e/ou o número de código correspondente á autoridade ou ó organismo de control de que dependa o operador que fixera a derradeira operación de elaboración. A elección da mención do nome e/ou do número de código depende do Estado membro que notifica a súa decisión á Comisión.
A indicación relativa ós métodos de producción ecolóxica deberá deixar claro que se refiren a un método de producción agraria e deberá ir acompañada dunha referencia ós ingredientes de orixe agrario de que se trate, a menos que dita referencia figure claramente na lista de ingredientes."- o producto fora elaborado sen usar organismos modificados xeneticamente nin productos derivados deses organismos.
3 bis. "Como excepción ós apartados 1 ó 3, as marcas que leven unha indicación do tipo das mencionadas no artigo 2, poderán seguir utilizándose ata o 1 de xullo de 2006 no etiquetado e publicidade dos productos que non cumpran o presente Regulamento sempre que:
- a marca fora solicitada antes do 22 de xullo de 1991 - en Finlandia, Austria e Suecia, antes do 1 de xaneiro de 1995 - e sexa conforme á primeira Directiva 89/104/CEE do Consello, de 21 de decembro de 1988, relativa á aproximación das lexislacións dos Estados membros en materia de marcas, e
- a marca se reproduza sempre con unha indicación clara, fácil de ver e de ler de que os productos non se producen conforme ó método de producción ecolóxica prescrito neste Regulamento."
- "Os ingredientes de orixe agrario poderán incluírse na parte C do Anexo VI só cando se teña demostrado que son de orixe agrario e non se producen en cantidade suficiente na Comunidade con amaño ás normas enunciadas no artigo 6, ou non podan importarse de países terceiros con amaño ás normas do artigo 11."
- Os productos agrícolas vexetais dos que o etiquetado ou publicidade se axusten ó disposto nos apartados 1 ou 3 poderán levar indicacións que se refiran á conversión á agricultura ecolóxica, sempre que:
- se cumpran plenamente os requisitos contemplados no apartado 1 ou no apartado 3, con excepción do que se refire á duración do período de conversión mencionado no punto 1 do Anexo I;
- se respectara un período de conversión de ó menos un ano antes da colleita;
- esas indicacións non induzan a erro ó mercante do producto acerca da diferencia de natureza entre este producto e os productos que cumpren todos os requisitos dos apartados 1 ou 3. A partir do 1 de xaneiro de 1.996, ditas indicacións adoptarán a presentación formal seguinte: "producido en conversión cara a agricultura ecolóxica" e deberán presentarse nunha cor, nun formato e nuns carácteres que non destaquen da denominación de venda do producto; nesta indicación, as palabras "agricultura ecolóxica" non destacarán das palabras "producido en conversión cara";
- o producto conteña un único ingrediente vexetal de orixe agrario;
- no etiquetado dos productos preparados despois do 1 de xaneiro de 1.997 conste o nome e/ou o número de código correspondente á autoridade ou ó organismo de control de que dependa o operador que fixera a derradeira operación de producción ou de preparación. A elección da mención do nome e/ou do número de código depende do Estado membro que notifica a súa decisión á Comisión."
- o producto fora elaborado sen usar organismos modificados xeneticamente nin productos derivados deses organismos.
5 bis.- Sen prexuízo do disposto no apartado 3, o etiquetado e a publicidade dos productos a que se refire a letra b) do apartado 1 do artigo 1 unicamente poderán levar indicacións que fagan referencia ó método de producción ecolóxica cando se respecten as seguintes condicións:
- ó menos o 70% dos ingredientes de orixe agrario sexan productos ou proveñan de productos obtidos con amaño ás normas enunciadas no artigo 6 ou foran importados de terceiros países no marco de réxime contemplado no artigo 11;
- todos os demais ingredientes de orixe agrario do producto esté incluídos na parte C do Anexo VI ou foran autorizados provisionalmente por un Estado membro conforme a toda norma de desenvolvemento adaptada, no seu caso, en virtude do apartado 7;
- as indicacións referentes ó método de producción ecolóxica figuren na lista de ingredientes e se refiran claramente só a aqueles ingredientes obtidos de acordo coas normas do artigo 6 ou importados de países terceiros de acordo co réxime contemplado no artigo 11, e aparezan coa mesma cor e con dimensións e carácteres idénticos ós das demais indicacións da lista de ingredientes. Esas indicacións tamén deberán figurar nunha mención aparte que aparecerá no mesmo campo visual ca denominación de venda e incluirá a porcentaxe dos ingredientes de orixe agrario ou derivados de ingredientes de orixe agrario e que se importaran de países terceiros de acordo co réxime contemplado no artigo 11. Esta mención non poderá aparecer cunha cor, dimensións ou carácteres que a fagan mais visible que a denominación de venda do producto. Esta mención terá a forma seguinte: "X% dos ingredientes de orixe agrario obtiveronse segundo as normas de producción ecolóxica";
- os ingredientes de orixe non agrario que conteña o producto sexan unicamente sustancias que figuren na parte A do Anexo VI;
- nin o producto nin os seus ingredientes de orixe agrario a que se refire a letra a) foran sometidos a tratamentos que inclúan o emprego de sustancias que non figuran na parte B do Anexo VI;
- nin o producto nin os seus ingredientes foran sometidos a tratamentos que inclúan o emprego de radiacións ionizantes;
- o producto fora elaborado ou importado por un operador sometido ás medidas de control establecidas nos artigos 8 e 9;
- no etiquetado dos productos elaborados despois do 1 de xaneiro de 1.997 conste o número de código e/ou o nome da autoridade ou do organismo de control de que dependa o operador que fixera a derradeira operación de elaboración. A elección da mención do nome e/ou do número de código depende do Estado membro que notifica a súa decisión á Comisión;"
- o producto que fora elaborado sen usar organismos modificados xenéticamente nin productos derivados deses organismos.
- "Durante un período transitorio que rematará o e 31 de decembro de 1.997, o etiquetado e a publicidade dos productos a que se refiren a letra b) do apartado 1 do artigo 1, elaborados parcialmente a partir de ingredientes que non cumpran os requisitos contemplados na letra a) do apartado 3 poderán facer referencia a métodos de producción ecolóxica sempre que:
- un 50% como mínimo dos ingredientes de orixe agrario cumpran os requisitos da letra a) do apartado 3;
- o producto cumpra os requisitos das letras c), d), e) e f) do apartado 3;
- as indicacións relativas ós métodos de producción ecolóxica:
- só aparezan na lista de ingredientes que figuran na Directiva 79/112/CEE, da que a derradeira modificación constitúea a Directiva 89/395/CEE,
- se refiran claramente só a aqueles ingredientes obtidos de acordo coas normas a que se refire o artigo 6, importados no marco de réxime contemplado no artigo 11;
- os ingredientes e o seu contido figuren en orde decrecente de peso na lista de ingredientes;
- as indicacións na lista de ingredientes aparezan na mesma cor e coas dimensións e carácteres idénticos.
- As normas de desenvolvemento do presente artigo estableceranse de acordo co procedemento do artigo 14.
- As listas limitativas das substancias e productos contemplados nas letras b), c) e d) do apartado 3 e nas letras b), d) e e) do apartado 5 bis fixaranse nas partes A, B e C do Anexo VI, de conformidade co procedemento establecido no artigo 14.
Poderán especificarse as condicións de uso e requisitos de composición de ditos ingredientes e sustancias.
Cando un Estado membro considere cun producto deba engadirse ás listas anteriormente nomeadas ou que ditas listas deban ser modificadas, encargarase do envío oficial dun expediente que expoña as razóns da inclusión ou das modificacións ós demais Estados membros e á Comisión, que o tramitará ó Comité mencionado no artigo 14.
- Para calcular as porcentaxes a que se refiren os apartados 3 e 6 aplicaranse as normas dos artigos 6 e 7 da Directiva 79/112/CEE.
- 10. Nos productos indicados nas letras a) e b) do apartado 1 do artígo 1un ingredinte que fora obtido con amaño ás normas establecidas no artigo 6 non poderá coexistir co mesmo ingredinte cando non fora obtido con amaño a ditas normas.
- 11. Antes do 1 de xaneiro de 1.999, a Comisión volverá a examinar as disposicións do presente artigo e as do artigo 10 e presentará as propostas que considere apropiadas para a súa posible revisión.