INDICACIÓN DE CONFORMIDADE CO RÉXIME DE CONTROL

Artigo 10

  1. A indicación ou o logotipo mencionados no Anexo V e que indica cos productos son conformes co réxime de control só poderán figurar no etiquetado dos productos a que se refire o artigo 1 candos estes:
    1. cumpran todos os requisitos dos apartados 1 ou 3 do artigo 5;
    2. estiveran sometidos ó réxime de control a que se refire o artigo 9 durante todo o proceso de producción e de elaboración;
    3. se vendan directamente en envases pechados polo productor ou o elaborador ó consumidor final ou sexan comercializados como alimentos envasados; en caso de venda directa por parte do productor ou o elaborador ó consumidor final non serán necesarios envases pechados sempre que o etiquetado permita identificar claramente e sen ambigüidades o producto a que se refire dita indicación;
    4. leven no etiquetado o nome e/ou razón social do productor, elaborador ou vendedor así como o nome ou o número de código da autoridade ou organismo de control e todas as indicacións que esixen as disposicións regulamentarias sobre etiquetado de productos alimenticios de conformidade coa lexislación comunitaria.

  2. Non poderá figurar, no etiquetado nin na publicidade, ningunha mención que suxira ó mercante que a indicación contemplada no Anexo V constitúe unha garantía dunha calidade organoléptica, nutritiva ou sanitaria superior.

  3. Tanto a autoridade de control como os organismos de control a que se refire o apartado 1 do artigo 9 deberán:
    1. en caso de que se descubra unha irregularidade polo que respecta á aplicación dos artigos 5 e 6 ou das medidas contempladas no Anexo III, dispor que se suprima a indicación que figura no Anexo V de todo o lote ou toda a producción afectados pola irregularidade;
    2. en caso de que se descubra unha infracción manifesta ou de efecto prolongado, retirar ó operador de que se trate do dereito a empregar a indicación que figura no Anexo V durante un período que deberá acordarse coa autoridade competente do Estado membro.

  4. Poderán precisarse, con amaño ó procedemento establecido no artigo 14, as modalidades de retirada da indicación que figura no Anexo V en caso de que se descubran determinadas infraccións ás disposicións dos artigos 5, 6 e 7 ou ós requisitos e medidas do Anexo III.