"IMPORTACIÓNS DE PAÍSES TERCEIROS"
Artigo 11
- Sen prexuízo do disposto no artigo 5 os productos mencionados no artigo 1 importados dun país terceiro só poderán comercializarse cando:
- sexan orixinarios dun país terceiro que figure nunha lista que deberá establecerse mediante decisión da Comisión con amaño ó procedemento establecido no artigo 14 e tanto o producto como a rexión ou unidade de producción da que procedan foran controlados por un organismo de control especificado, no seu caso, na decisión sobre dito país terceiro;
- a autoridade ou o organismo competente no país terceiro de que se trate tivera expedido un certificado de control que indique que o lote designado no certificado:
- fora obtido cun método de producción no que se apliquen normas equivalentes ás establecidas no artigo 6, e
- estivera sometido ó réxime de control do que a equivalencia fose recoñecida no exame contemplado na letra b) do apartado 2.
![]()