Os productos non autorizados na data da adopción do presente Regulamento
para un fin indicado na letra b) do apartado 1 do artigo 6 poderán incluirse
no anexo II, sempre que se cumpran as seguintes condicións:
- se se empregan para o control de pragas ou enfermidades das plantas
ou para a limpeza e desinfección dos locais e instalacións utilizados
para a cría:
- que sexan esenciais para o control dun organismo nocivo ou dunha
enfermidade particular en relación coa cal non se dispoña de outras
alternativas biolóxicas, físicas, de cultivo ou de selección; e
- que as condicións para o seu uso exclúan todo contacto directo
coas sementes, os vexetais, os productos vexetais ou os animais ou
productos animais; non obstante no caso dos vexetais perennes poderán
ter lugar un contacto directo, pero tan só fora do período de crecemento
das partes comestibles (froitos) sempre que dita aplicación non teña
como consecuencia indirecta a presencia de residuos do producto nas
partes comestibles, e
- que a súa utilización non produza efectos inaceptables sobre o
medio ambiente nin contribúa a súa contaminación; [15]
- se se empregan fertilizantes ou acondicionantes do solo:
- que sexan esenciais para satisfacer requisitos específicos de nutrición
dos vexetais ou para obxectivos de acondicionamento de solos que non
poidan cumprir mediante as prácticas contempladas no Anexo I; e
- que o seu emprego non produza efectos inaceptables para o medio
ambiente nin contribúa a súa contaminación.
1. bis. Os requisitos establecidos no apartado 1 non se aplicarán ós productos
que se empregasen correntemente antes da adopción do presente Regulamento
segundo os métodos de producción ecolóxica aplicados no territorio da Comunidade.
[10]
1. ter. Con respecto ós minerais e oligoelementos utilizados na alimentación
animal, poderán incluirse no anexo II fontes complementarias para estes
productos sempre que sexan de orixen natural ou no seu defecto, de síntese,
nas mesmas formas que os productos naturais.