SISTEMA DE CONTROL
Artigo 8
- Todo operador que produza, elabore ou importe dun país terceiro algún producto dos citados no artigo 1 con vistas á súa comercialización deberá:
- notificar esa actividade á autoridade competente do Estado membro no que se faga esa actividade; a notificación incluirá os datos que se especifican no Anexo IV.
- someter a súa empresa ó réxime de control a que se refire o artigo 9.
- Os Estados membros designarán unha autoridade ou un organismo que se encargará de recibir as notificacións. Os Estados membros poderán dispor a comunicación de calquera información complementaria que consideren necesaria para o control eficaz dos operadores de que se trate.
- A autoridade competente garantirá que se poña a disposición dos interesados unha lista actualizada cos nomes e direccións dos operadores que estean sometidos ó sistema de control.
Artigo 9
- Os Estados membros establecerán un sistema de control que será aplicado por unha ou máis autoridades de control designadas e/ou por organismos privados autorizados ó que deberán estar sometidos os [10]® operadores que produzan, elaboren ou importen de países terceiros os productos a que se refire o artigo 1. [10]
- Os Estados membros adoptarán as medidas necesarias para que se garanta ós operadores o acceso ó sistema de control sempre que cumpran as disposicións do presente Regulamento e paguen a súa contribución ós gastos de control.
- O réxime de control incluirá, polo menos, a aplicación das medidas precautorias e de control que recolle o Anexo III.
- Para a aplicación do réxime de control por organismos privados, os Estados membros designarán unha autoridade encargada da autorización e supervisión de ditos organismos.
- Para a autorización dun organismo de control privado teranse en conta os seguintes factores:
- o programa de control do organismo, que deberá conter unha descrición pormenorizada das medidas de control e das medidas precautorias que o organismo se compromete a impor ós operadores suxeitos ó seu control;
- as sancións que o organismo se propoña impor en caso de advertir [10]® irregularidades e/ou infraccións; [10]
- a existencia de recursos adecuados de persoal cualificado e infraestructura administrativa e técnica, así como a experiencia en materia de control e a fiabilidade;
- a obxectividade do organismo de control respecto dos operadores suxeitos ó control do mesmo.
- Tras autorizar a un organismo de control, a autoridade deberá:
6.bis.- Antes do 1 de xaneiro de 1.996, os Estados membros asignarán un número de código a todo organismo ou autoridade de control autorizados ou designados de acordo coas disposicións do presente artigo. Informarán delo ós demais Estados membros e á Comisión, que publicará estes números de código na lista a que se refire o derradeiro párrafo do artigo 15.
- garantir a obxectividade das inspeccións efectuadas polo organismo de control;
- comprobar a eficacia do control;
- tomar nota das [10]® irregularidades e/ou infraccións [10] comprobadas e das sancións aplicadas;
- retirar a autorización ó organismo de control en caso de que este non cumpra os requisitos que estipulan as letras a) e b) ou deixe de satisfacer os criterios indicados no apartado 5 ou non cumpra os [10]® requisitos dos apartados 7, 8, 9 e 11. [10]
- A autoridade de control e os organismos autorizados de control contemplados no apartado 1 deberán:
- garantir, polo menos, que as medidas precautorias e de control que figuran no Anexo III se apliquen ás explotacións suxeitas ó seu control;
- gardar o debido sixilo respecto ás informacións e datos que obteñan no exercicio da súa actividade de control a persoas distintas da responsable da explotación de que se trate e das autoridades públicas competentes.
- 8. Os organismos autorizados de control deberán:
- facilitar á autoridade competente, a efectos da inspección, o acceso ós seus despachos e instalacións e canta información e axuda á autoridade estime necesaria para o cumprimento das súas obrigas en virtude do presente Regulamento.
- remitir, a máis tardar o 31 de xaneiro de cada ano, á autoridade competente do Estado membro unha lista dos operadores que o 31 de decembro do ano anterior estivesen suxeitos ó seu control, e presentar un breve informe anual.
- 9. Tanto a autoridade de control como os organismos de control a que se refire o apartado 1 deberán:
- facer que se supriman as indicacións que establece o artigo 2 e que se refiren ó método de producción ecolóxica de todo o lote ou toda a producción afectados pola irregularidade de que se trate, en caso de que se descubra unha irregularidade polo que respecta á aplicación dos artigos 5 e [10]® 6 [10] ou das medidas que figuran no Anexo III;
- no caso de que se descubra unha infracción manifesta ou de efecto prolongado, prohibir ó operador de que se trate a comercialización dos productos provistos de indicacións relativas ó método de producción ecolóxica, durante un período que deberá acordarse coa autoridade competente do Estado membro.
- 10. Con amaño ó procedemento establecido no artigo 14, poderán aprobarse:
- as normas de desenvolvemento relativas ós requisitos do apartado 5 e ás medidas mencionadas no apartado 6;
- as normas de desenvolvemento relativas ás medidas do apartado 9.
- Sen prexuízo do disposto nos apartados 5 e 6, os organismos de control autorizados deberán cumprir, a partir do 1 de xaneiro de 1.998, os requisitos da norma EN 45011. [15] .[15]²[10]
- No caso da producción de carne, e sen prexuízo das disposicións do anexo III, os Estados membros aseguraranse de que os controis se refiran a todas as fases de producción, o sacrificio, o despece e a calquera outra elaboración, ata a venda ó consumidor, a fin de garantir na medida en que sexa técnicamente posible a trazabilidade dos productos animais ó largo de toda a cadea de producción, tratamento e elaboración, dende a unidade de producción do animal ata a unidade de envasado ou etiquetado final. Comunicarán os outros Estados membros e á Comisión, xunto co informe de supervisión previsto no artigo 15, as medidas adoptadas e o seguimento que se fixera de elas.
- No caso de outra producción animal distinta da carne, deberán establecerse no anexo III disposicións que garantan, na medida do tecnicamente posible, unha trazabilidade dos productos.
- En calquera caso, as medidas que se adoptan en cumprimento do artigo 9 deberán ofrecer garantías ós consumidores de cos productos foron producidos de conformidade co presente Regulamento